"Acciones de Mejora del Camino Inglés"
O proxecto "Acciones de Mejora del Camino Inglés" (Accións de mellora do Camiño Inglés) ten entre a súas liñas de traballo a "recuperación de espazos naturais degradados e accións de sensibilización social para a promoción dun Camiño sostible". A fin de involucrar ás asociacións e aos técnicos locais relacionados coa cultura, co medio ambiente e co emprego, organizouse unha serie de reunións de participación e difusión.
A identificación dos colectivos e axentes a convocar foi posible grazas á colaboración prestada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Euroeume, a Asociación de Desarrollo Comarcal de Ordes (Asdecomor) e Costa Noroeste.Igualmente, a Deputación Provincial da Coruña, promotora do proxecto, encargouse de dar soporte á celebración das sesións, cedendo un espazo no Pazo de Mariñán.
As reunións celebradas os días 13 e 19 de febreiro, e o 17 de marzo, permitiron dar a coñecer entre os axentes locais os obxectivos do proxecto; completar e validar o diagnóstico; e detectar sinerxías entre a recuperación de espazos naturais e outras liñas de actuación existentes no territorio do Camiño Inglés.