Novas > Coordinación da redacción do formulario para a candidatura de Ribeira Sacra como ben da lista do Patrimonio Mundial da UNESCO

Coordinación da redacción do formulario para a candidatura de Ribeira Sacra como ben da lista do Patrimonio Mundial da UNESCO

A Ribeira Sacra é o ben español que máis tempo leva na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial (desde 1996). Tras a recente declaración pola Xunta de Galicia de Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural na categoría de Paisaxe Cultural, aspírase a lograr o seu recoñecemento como Patrimonio Mundial.

A solicitude de declaración ante UNESCO require dun intenso traballo multidisciplinar que permita delimitar e documentar o valor universal excepcional do ben, a súa autenticidade e a súa integridade.

Neste contexto, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural encargou a Crecente Asociados os traballos de coordinación da redacción do formulario para a candidatura, de acordo ás Directrices Operativas da UNESCO para aplicar a Convención para a salvagarda do patrimonio mundial cultural e natural.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais